Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 22 de outubro de 2019 Páx. 46319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se declara a Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Lourdes Reboiras Torrado.

Antecedentes.

Mediante Resolución do 20 de decembro de 2018 acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Lourdes Reboiras Torrado (ABI/2016/0039).

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (supl. N., nº 19, do 22 de xaneiro de 2019), no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 13, do 18 de xaneiro), na páxina web da Consellería de Facenda e foi exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Rois, Pontevedra e Sanxenxo por prazo non inferior a un mes.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, nos cales se acredita o seu falecemento, o 31 de decembro de 2014 na cidade de Pontevedra, e que, aínda que tiña outorgado testamento, este resultou ineficaz por premoriencia dos instituídos. Así mesmo, figura igualmente incorporado certificado do seu empadroamento no Concello de Pontevedra, queda así xustificada a súa veciñanza civil galega.

Non se teñen recibido alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.

Das consultas efectuadas ante o Catastro Inmobiliario, no Índice xeral informatizado de predios e dereitos do Rexistro da Propiedade e no Rexistro Xeral de Contratos de Seguros de Cobertura de Falecemento, así como da información acadada de diferentes entidades bancarias e por outras fontes, determinouse, en principio, que polo menos forman parte do caudal hereditario da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, sen prexuízo da inclusión na herdanza daqueles outros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante, particularmente os procedentes das herdanzas dos seus finados tíos Joaquina e Peregrino Reboiras Torrado.

A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións practicadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos.

Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

Código civil, artigos 657 e seguintes.

Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6, 20 bis e 20 ter.1.

Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, artigos 4 e 56.

Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, artigos 4 e 7.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar á Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Lourdes Reboiras Torrado, con DNI: 35198613B, entendendo legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:

a) Bens inmobles:

– Piso do andar terceiro, letra D, do edificio nº 16, portal B, da rúa Augusto García Sánchez da cidade de Pontevedra, de 94,59 m2 útiles. Estrema: fronte, descanso en caixa da escaleira B, oco do elevador, piso letra C e, en parte, patio interior; dereita entrando, rúa de situación; esquerda, patio interior e piso letra E, con entrada polo portal C; fondo, rúa E do polígono de Campolongo. Ten como anexos un rocho sinalado co número 8 e unha praza de aparcamento sinalada co número 19, ambos dous situados no soto do inmoble. Cota de participación: catro enteiros e vinte centésimas. Constan cargas hipotecarias.

Referencia catastral: 9675010NG2997N0014XR.

Valor catastral: 70.410,63 euros.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Pontevedra nº 1, tomo 716, libro 300, folla 4, predio nº 28380.

– Vivenda nº 26, tipo dúplex, de 74 m2 útiles, repartidos entre os andares terceiro e cuarto, que constitúe o denominado apartamento 311A do bloque A do Complexo Turístico Arnelas, Padriñán, municipio de Sanxenxo (Pontevedra), con entrada pola avenida Luis Rocafort, nº 53. Estrema: fronte, corredor común de acceso aos apartamentos; dereita, vivenda nº 27; esquerda: vivenda nº 25; e fondo, terraza ou soleira superior dos garaxes do semisoto e despois parque infantil ou zona de recreo. Cota de participación: 4,05 por cento. Gravada con servidumes a favor do predio rexistral nº 6821. Sen máis cargas.

Referencia catastral: 5349703NG1954N0066UI.

Valor catastral: 42.483,94 euros.

Inscripción rexistral: Rexistro da Propiedade de Cambados, tomo 503, libro 81, folla 16, predio nº 8603.

– Praza de aparcamento 311A do Complexo Turístico Arnelas, nº 23 segundo o Catastro Inmobiliario, en Padriñán, municipio de Sanxenxo (Pontevedra), que se corresponde co 3,030304 % do dominio do local nº 38, situado no semisoto do bloque A, formado por 33 prazas de garaxe, cunha superficie total construída de 950 m2. O complexo ten a súa entrada pola avenida Luis Rocafort, nº 53. Estrema o local: fronte, esquerda e fondo, con elementos comúns do complexo turístico; e dereita, avenida Rocafort. Cota de participación do local: 3,3 por cento. Sen cargas.

Referencia catastral: 5349703NG1954N0023XM.

Valor catastral: 4.992,62 euros.

Inscripción rexistral: Rexistro da Propiedade de Cambados, tomo 772, libro 153, folla 83, predio nº 16868.

b) Contratos e outros efectos bancarios:

– Abanca, conta á vista: 2080 5138 83 3000003828.

– Abanca, conta á vista: 2080 5138 80 3040004604.

– Abanca, conta a prazo: 2080 5138 81 3810019609.

Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda, área temática de patrimonio, anuncios, que se pode consultar no seguinte enlace: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, nos taboleiros de anuncios dos concellos de Rois, Pontevedra e Sanxenxo.

Contra esta resolución poderá recorrerse por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Facenda, de conformidade cos artigos 112.1, 114 e 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil pola declaración de herdeira ab intestato ou a adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, poderán exercer as accións pertinentes ante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2019

A secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda
P.D. (Resolución do 1.10.2019)
Luis Emilio Araújo Rodríguez
Vicesecretario xeral da Consellería de Facenca