Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 22 de outubro de 2019 Páx. 46315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Fancenda, pola que se declara a Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Concepción Santana Vázquez.

Antecedentes.

Mediante Resolución do 18 de decembro de 2018 acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Concepción Santana Vázquez (ABI/2016/0014).

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (supl. N, nº 19, do 22 de xaneiro de 2019), no Diario Oficial de Galicia (DOG nº 13, do 18 de xaneiro), na páxina web da Consellería de Facenda e foi exposta nos taboleiros de anuncios dos concellos de Lugo e Vigo por un prazo non inferior a un mes.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, nos cales se acredita o seu falecemento, o 12 de marzo de 2012, no Hospital Lucus Augusti de Lugo, e que, aínda que tiña outorgado testamento o 8 de febreiro de 1982 a favor da súa irmá Rosa Santana Vázquez, este resultou ineficaz por premoriencia da instituída con data do 25 de novembro de 2008. Así mesmo, figura igualmente incorporado certificado do seu empadroamento no Concello de Vigo, queda así xustificada a súa veciñanza civil galega.

Non se teñen recibido alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.

Das consultas efectuadas ante o Catastro Inmobiliario, no Índice xeral informatizado de predios e dereitos do Rexistro da Propiedade e no Rexistro Xeral de Contratos de Seguros de Cobertura de Falecemento, así como da información acadada de diferentes entidades bancarias e por outras fontes, determinouse, en principio, que polo menos forman parte do caudal hereditario da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, sen prexuízo da inclusión na herdanza daqueles outros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante, neste caso, particularmente e sen prexuízo doutros, os que deriven da sucesión da súa irmá Rosa Santana Vázquez.

A Asesoría Xurídica emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións practicadas para a declaración da comunidade autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos.

Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

Código civil, artigos 657 e seguintes.

Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6, 20 bis e 20 ter.1.

Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, artigos 4 e 56.

Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, artigos 4 e 7.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Concepción Santana Vázquez, con DNI 35877480X, entendendo legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:

a) Bens inmobles:

– Piso sétimo letra D, destinado a vivenda, do edificio nº 1 da rúa Condesa de Casa Bárcena, con frentes tamén á avenida de Urzáiz e praza de Fernando El Católico da cidade de Vigo. Mide unha superficie aproximada de 86,70 m2, dos que 5,30 m2 corresponden a terrazas. Estrema: norte, patio e descanso da escaleira; sur, rúa Condesa de Casa Bárcena; leste, piso sexto C e descanso da escaleira; e oeste, patio e piso sexto H. Cota de participación, un enteiro e quince centésimas.

Referencia catastral: 4058001NG2745N0059ZL.

Valor catastral: 28.187,87 euros.

Inscrición rexistral: Rexistro da Propiedade de Vigo nº 1, tomo 263, libro 263, folla 241, predio nº 27269 bis, alta 1ª.

b) Contratos e outros efectos bancarios:

– Abanca, conta de aforro: 2080 5000 65 3001285103.

Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda, área temática de patrimonio, anuncios, que se pode consultar no seguinte enlace: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, nos taboleiros de anuncios dos concellos de Lugo e Vigo.

Contra esta resolución poderá recorrerse por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Facenda, de conformidade cos artigos 112 .1, 114 e 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil pola declaración de herdeira ab intestato ou a adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, poderán exercer as accións pertinentes ante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2019

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda