Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 18 de outubro de 2019 Páx. 45893

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (129/2019).

F02 Familia, garda, custodia, alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado 129/2019

Procedemento orixe: /

Sobre otras materias

Demandante: Ruth Nikauri Ramírez Sánchez

Procuradora: Laura Lorenzo Arceo

Avogada Silvia Caramés González

Demandado: Ronald Eduardo Vera Fajardo

No procedemento de referencia ditouse sentenza, cuxa parte dispositiva establece:

Admito parcialmente a demanda presentada por Ruth Nikauri Ramírez Sánchez fronte a Ronald Eduardo Vera Fajardo e, en consecuencia, acordo a aplicación das seguintes medidas relativas á garda, custodia e alimentos do fillo común menor de idade...:

I) Suspéndese a Ronald Eduardo Vera Fajardo no exercicio da patria potestade respecto do fillo común menor de idade... e atribúese a Ruth Nikauri Ramírez Sánchez o exercicio exclusivo da devandita patria potestade. Ronald Eduardo poderá recuperar o exercicio conxunto da patria potestade ao acreditar un relevante cambio de circunstancias no oportuno procedemento de modificación de medidas.

II) Atribúese a garda e custodia do fillo menor..., a Ruth Nikauri Ramírez Sánchez. Ronald Eduardo poderá estar en compañía do seu fillo do xeito que libremente pacte con Ruth Nikauri.

III) Establécese a favor do fillo menor e a cargo de Ronald Eduardo Vera Fajardo unha pensión mensual de alimentos de 100 euros que deberá ser ingresada por Ronald Eduardo dentro dos 5 primeiros días de cada mes na conta bancaria determinada por Ruth Nikauri e actualizarase anualmente de acordo coas variacións do IPC.

Os gastos extraordinarios deberán ser afrontados por metade entre ambos os dous proxenitores, merecendo tal consideración os gastos médicos, farmacéuticos e asistenciais non cubertos polo éxime público de saúde, os derivados de actividades extraescolares e calquera outro de análoga natureza. A reclamación da parte correspondente dos gastos extraordinarios exixirá previo coñecemento e consentimento manifestado polo outro proxenitor, salvo situacións de urxencia.

Non procede a condena en custas de ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial que deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de 20 días contados desde o seguinte ao da notificación daquela. Para a interposición do devandito recurso terá que acreditarse a consignación dun depósito de 50 euros na conta deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Así o acordo e o asino, Gonzalo Sans Besada, xuíz do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 de Lalín.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Ronald Eduardo Vera Fajardo, esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación e fáiselle saber que se quere coñecer o contido íntegro da sentenza, está á súa disposición no Xulgado de Primera Instancia e Intrución número 2 de Lalín, sito na rúa Habana, número 2, de Lalín.

Lalín, 29 de xullo de 2019

O/a letrado/a da Administración de xustiza