Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 18 de outubro de 2019 Páx. 45820

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

ORDE do 3 de outubro de 2019 pola que se modifica a Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos polo Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

O Decreto 196/2012, do 27 de setembro, crea a Axencia Turismo de Galicia, entidade co obxectivo básico de impulsar, coordinar e xestionar a política autonómica en materia de turismo. Entre o seu obxecto atópase o impulso á innovación, investigación, formación e cualificación das empresas e profesionais do sector turístico. Dentro da Axencia Turismo de Galicia atópase o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), que entre as súas funcións ten o desenvolvemento da docencia e a investigación conforme as exixencias metodolóxicas e substantivas propias de toda institución do ámbito universitario.

Mediante a Orde do 4 de xullo de 2014 (DOG núm. 128, do 8 de xullo), fixáronse os prezos privados correspondentes á prestación de servizos polo Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

Mediante a Orde do 22 de agosto de 2017 (DOG núm. 168, do 5 de setembro), modificouse o seu artigo 4, relativo á actualización dos prezos, que quedou redactado como segue: «Os prezos privados correspondentes aos servizos establecidos nesta norma actualizaranse cada curso académico na mesma proporción que a variación interanual positiva experimentada polo índice de prezos ao consumo (IPC) para a Comunidade Autónoma de Galicia no mes de abril anterior ao do inicio de cada curso, mediante resolución da persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia».

A Lei 2/2015, do 30 de marzo, de desindexación da economía española, estableceu un novo réxime de actualización dos valores monetarios. Segundo a dita lei, a indexación con base en índices xerais, como é o índice de prezos ao consumo (IPC), non está xustificada nin produce beneficios para o conxunto da economía.

Polo exposto procede modificar a devandita Orde do 4 de xullo de 2014 en que respecta á actualización dos prezos privados nela establecidos, de acordo coa Lei 2/2015, do 30 de marzo. Así mesmo, dado o tempo transcorrido desde a súa fixación procédese a actualizar a listaxe de servizos incluídos no anexo, eliminando servizos que xa non se prestan no CSHG como son, para os alumnos propios do CSHG, os servizos de fianza armario, fotocopias e carné de manipulador de alimentos.

Tamén se elimina a epígrafe de alumnos outros centros e, na epígrafe de uso de instalacións, elimínase o servizo de pista de tenis.

A orde consta dun único artigo, en que se procede a modificar o artigo 4 e o anexo.

Na súa virtude, vista a proposta formulada pola Axencia Turismo de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único. Modificación da Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos polo Centro Superior de Hostalaría de Galicia

Un. O artigo 4 queda redactado como segue:

«Artigo 4. Actualización dos prezos

Os prezos privados correspondentes aos servizos establecidos nesta norma actualizaranse cada curso académico na mesma proporción que o coeficiente de actualización establecido para os tipos de taxas de contía fixa na lei de acompañamento á lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante resolución da persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia».

Dous. O anexo queda redactado como segue:

ANEXO

Prezos privados servizos

Alumnos propios CSHG.

Concepto

€/ud.

Manutención alumno interno (curso)

1.170,81

Aloxamento en réxime habitación dobre (curso)

2.353,07

Aloxamento en réxime habitación individual (curso)

4.521,63

Fianza réxime interno (curso)

257,05

Duplicados tarxeta alumno

5,09

Certificado académico simple

19,55

Certificado académico con programas

61,18

Expedición de título académico

126,57

Uso da residencia.

Concepto

€/ud.

Pensión completa (mes)

616,92

Aloxamento (mes)

411,28

Pensión completa (semana)

205,64

Aloxamento (semana)

143,95

Uso de instalacións.

Concepto

€/ud.

Aula cociña demostración (media xornada)

339,90

Aula cociña demostración (xornada completa)

679,80

Aula cata (media xornada)

339,90

Aula cata (xornada completa)

679,80

Aula cociñas (por evento)

5.098,48

Consultoría e formación.

Servizos de consultoría

€/hora

Deseño cursos de formación

246,77

Asesoramento instalacións hostaleiras

154,23

Prezo consultoría Galicia

154,23

Prezo consultoría nacional*

185,07

Prezo consultoría internacional*

226,20

Taller de cociña (2 horas)

308,46

Taller cociña + degustación 10 pax (4 horas)

1.233,83

Elaboración de receitas

205,64

Servizos de formación

€/hora

Impartición de hora de formación en CSHG

92,54

Impartición de hora de formación nacional*

134,69

Impartición de hora de formación internacional*

164,51

Aula cafetería.

Concepto

– Refrescos, zumes, auga mineral

Refrescos

1,12

Zumes (laranxa, melocotón, piña, tomate)

1,12

Auga mineral 1/3

0,75

– Cervexas

Con alcohol

1,40

Sen alcohol

0,93

– Cafés, chocolates, infusións

Só, cortado, con leite, descafeinado

0,84

Só dobre

1,12

Capuchino

1,17

Chocolate, Cola Cao

0,84

Infusións (macela, poleo, té, tila ou similar)

0,74

– Pinchos e bolería

Chapatas

1,40

Pincho de tortilla

1,40

Porción de pizza

1,40

Bolería

0,74

Especialidade (pincho da semana)

1,40

Tumaka

1,12

– Suxestións

Sándwich mixto

1,63

Sándwich vexetal

1,63

Tortiñas con nata

0,93

Torradas

0,93

Batidos naturais

0,93

Aula restaurante buffet.

Concepto

€/ud.

– Menú do día

Menú (con tarxeta)

4,44

Menú (sen tarxeta)

5,14

– Refrescos, auga mineral

Refrescos

1,03

Auga mineral 1/3

0,75

– Cervexas

Con alcohol

1,03

Sen alcohol

1,03

– Cafés e infusións

Só, cortado, con leite, descafeinado

0,84

Infusións (macela, poleo, té, tila)

0,74

– Viños

Botella de 18,75 cl.

1,45

Aula restaurante carta.

Concepto

€/ud.

Menú degustación sen bebida

Menú degustación con bebida

21,03

– Entrantes

Foie mariñado

9,15

Empanada de zamburiña

5,86

Boliños de bacallau

4,11

Polbo á tixola

9,36

Risoto de fungos

8,53

Revolto de langostinos

8,53

– Prato principal

Pescada

11,62

Linguado

15,11

Tataki de salmón

12,34

Solombo porco ibérico

11,62

Carrilleira de tenreira

11,21

Paleta de cordeiro

14,39

Compota de mazá

3,39

Coulant de chocolate

3,60

Touciño de ceo

2,67

Ensalada de froitas

2,26

Tarta de requeixo

2,98

Táboa de queixos

3,60

– Carta de bebidas espirituosas

Aperitivos

Alfonso Oloroso

1,08

Manzanilla Rocío

1,85

Olivares Dulce

3,50

Alvear Pedro Ximénez

1,95

Pedro Ximénez PX

2,16

Oremus Tokaji

3,91

Ochoa Moscatel

1,44

Seara D’Ordens

1,23

Offley Ruby Porto

1,23

Tío Pepe

1,08

Tostado de Costeira

5,24

Campari

1,65

Fernet Branca

1,23

Ricard

1,65

Martini Bianco

1,03

Martini Rosso

1,03

Martini Seco

1,03

Manzanilla La Guita

1,03

– Brandys e coñacs

Armagnac

3,60

Carlos I

5,86

Carlos III

2,36

Duque de Alba

5,35

Larios 1866

7,30

Lepanto

5,86

Magno

2,26

Torres 10

2,67

Torres 5

1,65

Cardenal Mendoza

5,45

Courvoisier

8,23

Hennessy

5,45

Martell

6,48

Remy Martin

8,12

– Gin, ron, vodkas

Bacardi 5

3,29

Bacardi 8

3,29

Ginebra Beefeater

2,16

Bombay

2,98

Gordons

1,54

Larios

1,36

Tanqueray

2,67

Ron Bacardi

1,85

Cacique

3,08

Habana 3 anos

2,13

Habana 7 anos

4,63

Absolut

2,98

Eristoff

1,34

Moskovskaya

1,85

– Licores

Benedictine

1,13

Carolans

2,39

Cointreau

3,50

Drambuie

4,01

Grand Marnier amarelo

4,73

Grand Marnier vermello

4,22

Frangélico

2,98

Licor de melocotón Tilford

1,44

Licor 43

1,95

Baileys

2,98

Kahlúa

2,98

Mazá Tilford

1,44

Marie Brizard

1,34

Pacharán

1,44

Tía María

3,13

– Whiskys

Knockando

5,86

Ballantines 15

5,24

Ballantines 5

2,67

Canadian Club

3,08

Chivas 12

5,45

Chivas 21

18,51

Four Roses

2,94

Glenfiddich

5,55

Cardhu

5,66

JB 5

2,67

JB 15

5,33

Jack Daniels

4,11

Jim Beam

4,01

Johnnie W Black

4,63

Johnnie W Red

2,17

White Label

2,26

– Outros espirituosos

Calvados

5,96

Kirsch

1,75

Marc de Champagne

4,01

Augardente branco M. Códax

2,36

Augardente Condes de Albarei

4,01

Augardente herbas M. Códax

2,67

Augardente Lua

2,88

Augardente Pazo Señoráns

3,08

Pera Williams

6,27

Tequila

2,98

Augardente branco Ulla

2,88

Augardente herbas Ulla

2,47

Augardente café Pazo Casanova

2,47

Crema de augardente

2,57

– Cocktails

Alexandra

3,39

Americano

3,39

Bloody Mary

5,35

Dry Martini

2,26

Gimlet

1,85

Manhattan

5,96

Negroni

3,08

Presidente

1,85

Vodkatini

3,60

– Carta de cafés

Descafeinado Colombia

1,03

Brasil S.M.

1,03

Colombia Supremo

1,03

Moca Etiopía

1,03

Blue Mountain

2,38

Café só

0,85

Café cortado

0,97

Café leite

0,98

Café dobre

1,29

Macela

0,73

0,73

Tila

0,73

Descafeinado sobre

0,85

Poleo menta

0,73

Tés especiais

0,73

– Carta de viños

Pazo Señoráns

11,40

Terras Gauda

11,25

Enxebre

11,03

Viña Somoza

9,64

Valmiñor 37 cl.

6,53

Ladairo

7,67

Casal de Armán

10,56

Vilerma

9,75

Pazo Casanova

10,18

Guitian

14,62

Viña Godeval

9,08

Viñas del Vero Chardonnay

8,27

Enate Gewürztraminer

10,65

Protos

6,86

Waltraud

13,37

Santa Digna Rosé

7,71

Porvide

10,68

Pagos del Galir

12,85

Vía Romana

7,63

Algueira barrica

12,34

Enate

10,52

Ceres

10,50

Arzuaga

14,88

Atrium

9,11

Campillo

11,30

Beronia

11,63

Santa Digna

8,50

Condes de Haro

13,70

Codorniu Pinot Noir

12,99

Anna de Codorniu

10,87

Aureus (Sauternes)

12,25

– Carta de refrescos prezos

Bitter Kas

1,78

Auga litro

1,51

Auga 1/3

0,74

Refrescos

1,03

Mosto

1,06

Zume tomate

1,39

Zume laranxa natural

1,59

Cervexas

1,41

Cervexas sen alcohol

1,54

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2019

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo