Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 17 de outubro de 2019 Páx. 45718

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (148/2017).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número PO 148/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván Seijas Piñeiro contra Héctor José Carballo López, sobre reclamación de cantidade, se ditou auto de data dez de setembro de dous mil dezanove cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Dispoño:

1. Estimar a solicitude da parte demandante de aclarar/complementar/rectificar a sentenza do 28 de agosto de 2019, no sentido que se indica a seguir:

– No feito probado segundo:

Onde di: «Segundo. A demandada aboou durante o ano 2016 a suma de 7.423,20 euros, segundo desagregación que se contén no feito terceiro da demanda, que damos enteiramente por reproducido, e lle debe a suma de 7.474,97 euros», debe dicir: «Segundo. A demandada aboou durante o ano 2016 a suma de 7.423,20 euros, segundo desagregación que se contén no feito terceiro da demanda, que damos enteiramente por reproducido, e lle debe a suma de 8.196,55 euros, segundo o posto de manifesto pola parte demandante no seu escrito de aclaración da demanda do 17 de outubro de 2017».

– No decido:

Onde di: «Que estimando a demanda formulada por Iván Seijas Piñeiro contra a empresa Héctor José Carballo López, debo condenar e condeno a empresa demandada a que aboe ao demandante a cantidade de 7.474,97 euros,…», debe dicir: «Que estimando a demanda formulada por Iván Seijas Piñeiro contra a empresa Héctor José Carballo López, debo condenar e condeno a empresa demandada a que aboe ao demandante a cantidade de 8.196,55 euros,…».

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos principais.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpoñer recurso sen prexuízo dos recursos que poidan interpoñerse fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe».

E para que sirva de notificación en forma a Héctor José Carballo López, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 26 de setembro de 2019

O letrado da Administración de xustiza