Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 17 de outubro de 2019 Páx. 45716

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de aclaración de sentenza (PO 207/2017).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número PO 207/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Félix Díaz Díaz contra Pablo Barja Veiga e as entidades Castro Barredo, S.L. e Lineanorte Multiservicios, S.L, sobre reclamación de cantidade, foi ditado auto na data trece de setembro de dous mil dezanove cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Dispoño:

1. Estimar a solicitude de Félix Díaz Díaz de aclarar a parte dispositiva da sentenza do 28 de agosto de 2019 no sentido que se indica a seguir:

Onde di: «Que, estimando a demanda formulada por Félix Díaz Díaz contra a empresa Castro Barredo, S.L., Pablo Barja Veiga, Lineanorte Multiservicios, S.L., debo condenar e condeno as demandadas a aboaren ao demandante a cantidade de 2.980,02 euros, en concepto de salarios correspondentes aos meses de novembro, decembro de 2016 e atrasos segundo convenio; ás devanditas cantidades seralles de aplicación unha recarga por mora do 10 % anual», debe dicir: «Que, estimando a demanda formulada por Félix Díaz Díaz contra a empresa Castro Barredo, S.L., Pablo Barja Veiga, Lineanorte Multiservicios, S.L., debo condenar e condeno as demandadas a aboaren o demandante, de forma solidaria, a cantidade de 2.980,02 euros, en concepto de salarios correspondentes aos meses de novembro, decembro de 2016 e atrasos segundo convenio; ás devanditas cantidades seralles de aplicación unha recarga por mora do 10 % anual».

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos principais.

Notifíquese ás partes, facéndoos saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpor recurso, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor contra a resolución aclarada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe».

E para que sirva de notificación en forma a Lineanorte Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 26 de setembro de 2019

O letrado da Administración de xustiza