Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 16 de outubro de 2019 Páx. 45573

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (SSS 342/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 342/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Lata Cortés contra Madefabri Leidy 2020, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), Mutua Fremap Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 61 sobre ordinario, foi pronunciada con data do 17.9.2019 a sentenza cuxa cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decido

Que, estimando a demanda formulada por Francisco Lata Cortés, que comparece asistido pola letrada Sra. Lage Varela, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, que comparece representado pola letrada Sra. Goyanes Viviani, e contra a Mutua Fremap Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, que comparece representada polo letrado Sr. Balo Couto e contra a empresa Madefabri Leidy 2020, S.L., que non comparece a pesar de estar citada en legal forma, debo condenar e condeno a empresa demandada a aboar á actora a cantidade de 25.337,52 euros, no sentido exposto no fundamento de dereito segundo, cantidade que debe ser anticipada pola Mutua Fremap, e sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do INSS como sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, en caso de insolvencia da empresa.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderá interporse recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento. Advírtase igualmente ao recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa correspondente establecida pola Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así, por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino, Montserrat Matogueiras Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 5 da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma a Madefabri Leidy 2020, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza