Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 16 de outubro de 2019 Páx. 45575

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (834/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 834/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Amelia Robatto Rañales contra Kioskos de Galicia, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou, con data do 23 de setembro de 2019, sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Amelia Robatto Rañales, contra a entidade Kioskos de Galicia, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Kioskos de Galicia, S.L. a que aboe á demandante a cantidade de 943,07 € brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados en xuño e setembro de 2018, así como a compensación económica polas vacacións non desfrutadas, incrementadas ambas as cantidades no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 95,70 € en concepto de indemnización por extinción da relación laboral.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Kioskos de Galicia S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza