Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 15 de outubro de 2019 Páx. 45417

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 101/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 101/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Amalia Enjo Enjo contra Ernesto Bouzas Angueira e Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2019

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar o executado Ernesto Bouzas Angueira en situación de insolvencia parcial por importe de 25.110,04 euros en concepto de principal (indemnización), máis outros 2.512,46 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se en diante se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación da mesma con expresión da infracción cometida na mesma a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva a efectos publicitarios a declaración de insolvencia de Ernesto Bouzas Angueira, procédase á súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza