Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 15 de outubro de 2019 Páx. 45419

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 107/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 107/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Vanessa Vilarino Quinteiro contra Santiago Ferreira, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2019.

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Santiago Ferreira, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 4.726,85 euros en concepto de principal (4.266,56 euros en concepto de indemnización, salarios, antigüidade, pagas extra, vacacións devindicadas e non gozadas, 78,14 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais que comportan 495,13 euros, 182,15 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a indemnización e vacacións que comportan 3.847,43 euros, 200 euros en concepto de honorarios letrado), máis outros 472,68 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se en diante se coñecen novos bens da executada.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse perante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da notificación desta con expresión da infracción cometida na mesma a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Santiago Ferreira, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza