Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 15 de outubro de 2019 Páx. 45421

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 403/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 403/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diana Pousada Estévez, asistida pola letrada Sra. Puga Iglesias, contra Fun Kitchen, S.L., ditouse a Sentenza 457/2019 o 19 de setembro de 2019 cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Estímase a demanda interposta por Diana Pousada Estévez contra Fun Kitchen, S.L. e declárase a improcedencia do despedimento efectuada polo demandado con efectos do 31 de marzo de 2019 e, en consecuencia, condeno a empresa demandada a que readmita a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 22,06 euros diarios ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral, con aboamento á demandante da indemnización de 1.274,17 euros por despedimento improcedente.

A opción do empresario entre a readmisión da traballadora ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de cinco días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

Condeno, así mesmo, a demandada aboar á demandante a cantidade de 1.323,24 euros como cantidades debidas en competo de salarios debidos, máis o xuro de demora do 10 % sobre a devandita cantidade.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fun Kitchen, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza