Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 102/2019, por instancia de Silviya Yuschyk contra a empresa Gesprobar Noroeste, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, en que se ditou auto de aclaración de sentenza con data do 13 de setembro de 2019 que, copiado nos particulares necesarios, di así:
Parte dispositiva
SSª acorda: procede a aclaración solicitada e, en consecuencia, a resolución da sentenza quedará do teor literal seguinte:
«Resolución
Estímase a demanda interposta por Silviya Yuschyk contra a empresa Gesprobar Noroeste, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:
– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Gesprobar Noroeste, S.L. á traballadora.
– Condénase a empresa Gesprobar Noroeste, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 1.118,04 euros. O aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación desde a data do despedimento a razón de 50,82 euros diarios.
Notifíqueselles esta resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto da condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».
E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Gesprobar Noroeste, S.L. expido e asino este edicto.
A Coruña, 20 de setembro de 2019
A letrada da Administración de xustiza