Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 11 de outubro de 2019 Páx. 45041

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (XVB 175/2017).

María Manuela García Jalón de la Lama, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento, seguido por instancia de Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A. contra Iván Vázquez Seija e Jessica Cobas Díaz, ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2018.

Vistos por Mª de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal número 175/2017, seguidos por instancia de Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A., representado pola procuradora Sra. Malagón Loyo, baixo a asistencia letrada de Sr. Rodríguez Hervada, contra Iván Vázquez Seijas, en situación procesual de rebeldía, e contra Jessica Cobas Díaz, con beneficio de xustiza gratuíta, representada por Sra. Domelo Gómez e baixo a asistencia letrada de Sr. Rodríguez Cabos.

Decido: estímase a demanda presentada pola procuradora Sra. Malagón Loyo, no nome e representación invocada, e, en consecuencia, condénanse os demandados a aboar á demandante a cantidade de tres mil trinta e dous euros e corenta e dous céntimos (3.032,42 €) máis os xuros legais contados desde a data de presentación da demanda, sen custas para a codemandada Jessica Cobas e con custas para o codemandado Iván Vázquez Seijas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra esta cabe recurso de apelación que, se é o caso, se deberá interpoñer perante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución.

Para a interposición do devandito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da Lei ordinaria do poder xudicial (LOPX) e polo importe de 50 euros, o que deberá ser acreditado no momento da presentación do recurso.

Así o acorda, manda e asina Mª de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela».

E atopándose o demandado, Iván Vázquez Seija, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza