Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 11 de outubro de 2019 Páx. 45040

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2310/2016).

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza e da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no recurso de suplicación nº 2310/16, seguido por instancia de Ángel Somoza Hermo e Ilunión Seguridad, S.A. contra Esabe Vigilancia, S.A. e outros sobre reclamación de cantidade, ditouse dilixencia de ordenación pola que se acorda notificar a resolución ditada polo Tribunal Supremo no recurso para a unificación de doctrina no seu día interposto:

«Parte dispositiva. A sala acorda: declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doctrina interposto pola letrada María Asunción Martínez Calderón da Barca, en nome e representación de Ilunión Seguridad, S.A. contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 26 de xullo de 2018, nos recursos de suplicación número 2310/2016, interpostos por Ángel Somoza Hermo e por Ilunión Seguridad, S.A., fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela do 30 de setembro de 2015, no procedemento nº 1043/2012 seguido por instancia de Ángel Somoza Hermo contra Esabe Vigilancia, S.A., Bubos Securitas, S.A., Ilunion Seguridad, S.A. (antes Vigilancias Integrada, S.A.) e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade. Declárase a firmeza da sentenza recorrida, con imposición de custas á parte recorrente, dándose, no seu caso, ás consignacións e aseguramentos prestados o destino que corresponda de acordo coa sentenza de suplicación. Contra este auto non cabe ningún recurso».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A. actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto o sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza