Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 11 de outubro de 2019 Páx. 45045

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (130/2019).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 130/2019, por instancia de María Esther Busto Iglesias contra a empresa Compostic Coruña, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, en que se ditou sentenza con data do 9 de setembro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decisión:

Estímase a demanda interposta por María Esther Busto Iglesias contra a empresa Compostic Coruña, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Compostic Coruña, S.L. á demandante.

– Condénase a empresa Compostic Coruña, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 609,35 euros. O aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación desde a data do despedimento a razón de 36,93 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto da condena, así como o depósito de 150,25 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 de A Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Compostic Coruña, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza