Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 10 de outubro de 2019 Páx. 44747

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 25 de setembro de 2019 pola que se autoriza o cambio de domicilio por traslado de instalacións do centro autorizado de ensinanzas deportivas Safe Formación, de Ourense.

A titularidade do centro autorizado de ensinanzas deportivas (CAD) Safe Formación, de Ourense, solicita o cambio de domicilio por traslado de instalacións da avenida da Habana, número 54, 2, Ourense, á avenida de Buenos Aires, 40, baixo, da mesma cidade.

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida polas ordes da mesma consellería do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, nas que se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos cos que deben contar estes centros.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Cambio de domicilio por traslado de instalacións

Autorizar o cambio de domicilio por traslado de instalacións, da avenida da Habana, 54, 2, á avenida de Buenos Aires, 40, baixo, de Ourense, quedando o centro configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro autorizado de ensinanzas deportivas (CAD).

Denominación específica: Safe Formación.

Código do centro: 32020835.

Domicilio: avenida de Buenos Aires, 40 baixo.

Localidade: Ourense.

Concello: Ourense.

Código postal: 32004.

Provincia: Ourense.

Titular: Safe Educación y Formación, S.L.U.

Ensinanzas autorizadas:

Especialidade: deportes de inverno.

a) Grao medio.

• Técnico deportivo en esquí alpino.

• Técnico deportivo en esquí de fondo.

• Técnico deportivo en snowboard.

b) Grao superior.

• Técnico deportivo superior en esquí alpino.

• Técnico deportivo superior en esquí de fondo.

• Técnico deportivo superior en snowboard.

c) Ensinanzas a distancia.

Bloque común e complementario e o bloque común das actividades promovidas polas federacións deportivas.

Artigo 2. Inscrición no rexistro

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional