Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 10 de outubro de 2019 Páx. 44745

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 25 de setembro de 2019 pola que se extingue a autorización do centro autorizado de Artes Plásticas e Deseño Felicidad Duce, de Allariz, por cesamento das súas actividades docentes.

A titularidade do centro autorizado de Artes Plásticas e Deseño (CE ART) Felicidad Duce, de Allariz (Ourense), solicita a extinción da autorización por cesamento de actividades.

O expediente tramítase de conformidade co Decreto 253/1995, do 29 de setembro (DOG número 196, do 11 de outubro), desenvolvido pola Orde do 5 de decembro de 1995 (DOG número 27, do 7 de febreiro de 1996), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Extinción da autorización

Extinguir a autorización do CE ART Felicidad Duce, de Allariz, código 32020690, en aplicación do artigo 13 do Decreto 253/1995, do 29 de setembro, por instancia da titularidade do centro por cesamento das actividades docentes.

Artigo 2. Inscrición no rexistro

A presente extinción da autorización dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei  29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional