Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 4 de outubro de 2019 Páx. 44239

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación de orde de execución ás titulares do predio 32076A501004530000YT, ao abeiro da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Ao non ser posible a notificación de forma habitual, e segundo o establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como o establecido no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e polo artigo 20 da Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, ponse en coñecemento de Lidia e Libia Martínez Grande o seguinte:

«Unha vez visto o expediente 1024/2019, con data do 2 de agosto de 2019, relativo ao incumprimento das obrigas previstas no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, respecto ao predio coa referencia catastral 32076A501004530000YT, localizado no polígono 501, parcela 453, aldea da Venda-Soutopenedo, cunha extensión de 635 m2, e rexistrado no Catastro a nome de Lidia e Libia Martínez Grande.

En cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requírense as propietarias, arrendatarias ou usufrutuarias do predio coa referencia catastral 32076A501004530000YT, localizado no polígono 501, parcela 453, e rexistrado no Catastro a nome das titulares Lidia e Libia Martínez Grande, para que no prazo de quince (15) días executen os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do Concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas, e de que están obrigadas a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa».

San Cibrao das Viñas, 23 de setembro de 2019

M. Pedro Fernández Moreiras
Alcalde