Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 4 de outubro de 2019 Páx. 44238

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación de orde de execución ao titular do predio 32076A501002210000YB, ao abeiro da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Ao non ser posible a notificación de forma habitual, e segundo o establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como o establecido no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas e polo artigo 20 da Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, ponse en coñecemento do titular con DNI 35813137K o seguinte:

«Unha vez visto o expediente 862/2019, relativo ao incumprimento das obrigas previstas no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, respecto ao predio coa referencia catastral 32076A501002210000YB, localizado no polígono 501, parcela 221, aldea de Loiro de Abaixo, cunha extensión de 795 m2, e rexistrado no Catastro a nome do titular con DNI 35813137K.

En cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requírese o propietario, arrendatario ou usufrutuario do predio coa referencia catastral 32076A501002210000YB, localizado no polígono 501, parcela 221, e rexistrado no Catastro a nome do titular con DNI 35813137K, para que no prazo de quince (15) días execute os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do Concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas, e de que está obrigado a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa».

San Cibrao das Viñas, 23 de setembro de 2019

M. Pedro Fernández Moreiras
Alcalde