Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 4 de outubro de 2019 Páx. 44199

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Marín

EDICTO (PO 385/2018).

Procedemento ordinario 385/2018

Sobre outras materias

Demandante: BMW Bank GMBH Sucursal en España

Procuradora: María del Amor Angulo Gascón

Avogado: Rubén Pastor Villarrubia

Demandado: Pescado Azul 2012, S.L.

Eu, Alejandro Manuel Rová Fraga, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Marín, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de BMW Bank GMBH Sucursal en España fronte a Pescado Azul 2012, S.L. ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 79/2019

En Marín o vinte e tres de xullo de dous mil dezanove

María Dolores Rodríguez Leirós, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Marín, ditou a presente resolución no procedemento ordinario seguido neste xulgado co número 385/2018, no cal actuaron como demandante BMW Bank GMBH Sucursal en España, representada pola procuradora María Amor Angulo Gascón e asistida polo letrado Rubén Pastor Villarubia, e como demandada Pescados Azul 2012, S.L., en rebeldía procesual.

Resolución

Estimando integramente a demanda interposta pola procuradora María Amor Angulo Gascón, en nome e representación de BMW Bank GMBH Sucursal en España contra Pescados Azul 2012, S.L., en rebeldía procesual, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de vinte e oito mil douscentos dezasete euros con noventa céntimos (28.217,90 euros), cos xuros legais e imposición das custas.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación, no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da notificación da presente. Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Pescado Azul 2012, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Marín, 23 de xullo de 2019

O letrado da Administración de xustiza