Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 4 de outubro de 2019 Páx. 44198

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 465/2018).

ORD. Procedemento ordinario 465/2018

Procedemento de orixe: sobre outras materias

Eu, Eva Bernárdez Pereiras, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que nos autos de xuízo ordinario 465/2018 se ditou, con data do 2 de setembro de 2019, a Sentenza 118/2019 contra a cal cabe recurso de apelación, dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

En virtude do acordado nos autos de referencia, por este edicto notifícase a Meirás Solar Uno, S.L. a resolución ditada.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza