Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 4 de outubro de 2019 Páx. 44201

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 330/2019).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 330/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Barros Saludes contra INV Prestadora de Servicios, Integrales, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Sodexo Iberia, S.A., Prosegur Compañía de Seguridad, S.A., Servicios Generales Esc, S.A. e Prosegur Soluciones Integrales de Seguridad España, S.L., sobre despedimento, se ditou a sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Resolvo que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Beatriz Barros Saludes contra as entidades Sodexo Iberia, S.A., Esc Servicios Generales, S.L., Prosegur Compañía de Seguridad, S.A. e Prosegur Soluciones Integrales de Seguridad España, S.L. e, en consecuencia, debo absolver as demandadas das pretensións formuladas na súa contra.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Beatriz Ramos Saludes contra a entidade INV Prestadora de Servicios Integrales, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto a demandante con data do 28 de febreiro de 2019 e debo condenar e condeno a entidade INV Prestadora de Servicios Integrales, S.L., no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, a que opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, ou con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 28,07 euros diarios, ou ben o aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 4.014,01 euros.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 € do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Para que sirva de notificación en legal forma a INV Prestadora de Servicios Integrales, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza