Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 4 de outubro de 2019 Páx. 44242

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

EXTRACTO do Anuncio polo que se convocan os premios Emprende Cultura Gaiás Sixto Seco.

BDNS (Identif.): 474580.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas que poden participar na convocatoria

1. Poderá participar nesta convocatoria calquera emprendedor, persoa física ou xurídica, maior de idade, de calquera nacionalidade, que desexe implantar a súa idea ou desenvolver o seu proxecto dentro do ámbito das industrias culturais e creativas, co fin de converter a idea nunha actividade sustentable.

2. Non poderán participar na convocatoria aquelas persoas solicitantes que teñan iniciado unha actividade empresarial e/ou profesional para a posta en funcionamento da idea emprendedora a que se refire o artigo 5 das presentes bases, sempre que medien máis de seis meses desde o inicio da dita actividade empresarial e/ou profesional.

3. Non ter o carácter de persoa incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e estar ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da devandita lei, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Segundo. Obxecto

O obxecto da convocatoria é premiar e impulsar o desenvolvemento de proxectos empresariais viables que creen emprego, promover a cultura emprendedora na nosa comunidade e dinamizar e diversificar o tecido empresarial de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras do procedemento están recollidas no anexo da Orde do 12 de setembro de 2019, pola que se autoriza a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para convocar os premios Emprende Cultura Gaiás-Sixto Seco, de conformidade coas bases reguladoras establecidas para a súa convocatoria (código de procedemento CT899A).

Cuarto. Premios

Os premios que se outorgarán á mellor idea emprendedora presentada en cada unha das modalidades consisten en:

a) Dous premios en metálico dotados con tres mil euros (3.000,00 €) cada un [un premio por categoría e proxecto seleccionado]; o proxecto gañador en cada unha das categorías sinaladas no punto 5 das bases reguladoras recibirá tres mil euros en metálico para o desenvolvemento da idea premiada e diploma acreditativo. Só haberá un premio por categoría, polo que no caso de empate entre varios candidatos na mesma modalidade, o premio en metálico repartirase entre estes gañadores/as.

b) Posibilidade de incorporación gratuíta durante doce meses ao espazo de cotraballo Centro de Emprendemento Creativo de Galicia da Cidade da Cultura de Galicia.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación será dun mes, que se contará a partir do seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o de publicación no Diario Oficial de Galicia e, se fose festivo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2019

Manuel Vila López
Secretario do Padroado da Fundación Cidade da Cultura de Galicia