Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 4 de outubro de 2019 Páx. 44244

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Universitario da Defensa - Escola Naval Militar de Marín

RESOLUCIÓN D23/2019, do 25 de setembro, pola que se nomea profesora contratada doutora a María Álvarez Hernández (PCD-13).

De conformidade coa proposta de provisión elevada pola comisión de selección nomeada para xulgar as probas selectivas das prazas de profesor contratado doutor PCD-13 do Centro Universitario da Defensa (en diante, CUD) situado na Escola Naval Militar de Marín, convocadas mediante a Resolución D/03/2019, do 3 de xuño (DOG do 10 de xuño), e presentada pola candidata proposta a documentación a que fai referencia a base 7.1 da convocatoria.

Esta dirección, no uso das súas atribucións, resolveu nomear a María Álvarez Hernández, con DNI ***5503**, profesora contratada doutora do Centro Universitario da Defensa situado na Escola Naval Militar.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente formalización do contrato pola persoa interesada.

Marín, 25 de setembro de 2019

José María Pousada Carballo
Director do Centro Universitario da Defensa
na Escola Naval Militar