Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 19 de setembro de 2019 Páx. 40628

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (RPL 344/2018).

Eu, María Cristina Montero Carré, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá se ditou sentenza o 10 de abril de 2019, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Peza: recurso de apelación (LACN) 344/2018.

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 12 da Coruña.

Procedemento de orixe: xuízo cambiario 1120/2009.

A Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña pronunciou, en nome do rei, a seguinte:

Sentenza número 155/2019.

Maxistrados: Manuel Conde Núñez, Julio Tasende Calvo, Carlos Fuentes Candelas.

Na Coruña o dez de abril de dous mil dezanove.

No recurso de apelación civil número 344/18, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 12 da Coruña, en xuízo cambiario número 1120/09, seguido entre partes, como apelante/demandante: Propenor, S.L., representada pola procuradora Sra. Sánchez Presedo, e como demandada/rebelde: Valvilar, S.L. É relator Carlos Fuentes Candelas.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos)

Resolución:

Estímase en parte o recurso de apelación e déixase sen efecto a caducidade da instancia da sentenza do Xulgado de Primeira Instancia, decretándose a nulidade desta e das actuacións para retrotraelas co fin da celebración da vista correspondente co demais que derive procesualmente diso. Todo iso sen mención das custas da apelación e devolución do depósito para interpoñer recurso.

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxecto de notificar ás partes declaradas en rebeldía Valvilar, S.L., expido e asino a presente. Dou fe.

A Coruña, 31 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza