Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 19 de setembro de 2019 Páx. 40625

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2019, da Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no cadro de persoal funcionario de administración e servizos.

Vacante na Universidade de Santiago de Compostela o posto de traballo que se indica no anexo I desta resolución, e sendo necesaria a súa provisión,

O xerente, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen pola Resolución reitoral do 20 de xuño de 2018, e de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, resolve convocar a provisión do dito posto mediante o procedemento de libre designación, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

Primeira. Poderá participar o persoal funcionario de carreira da escala facultativa de arquivos e bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela, especialidade de arquivos, ou de corpos ou escalas equivalentes doutras universidades e administracións públicas, que presten servizos nela.

Segunda. As solicitudes para participar nesta convocatoria poderanse presentar na Oficina de Asistencia en Materia de Rexistros da USC, situada na Reitoría da Universidade (Colexio de San Xerome; praza do Obradoiro, s/n, 15782 Santiago de Compostela); no Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros (avda. de Bernardino Pardo Ouro, s/n, Polígono de Fingoi, 27002 Lugo), no rexistro electrónico da USC, https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm ou nas restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que figura como anexo II.

Terceira. A solicitude deberase presentar acompañada de curriculum vitae e deberanse xustificar documentalmente os méritos que se aleguen. Os méritos relacionados no curriculum non será necesario acreditalos sempre que consten no expediente persoal do/da aspirante.

Cuarta. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2019

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Denominación do posto: director/a do Arquivo Histórico.

Código praza: PF000019.

Subgrupo: A1.

Nivel: 28

Complemento específico: 20.706,56 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

missing image file