Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 19 de setembro de 2019 Páx. 40630

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1148/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1148/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Lucía Martínez Vázquez contra Vendahorta Productos Galegos, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse Resolución o 31 de xullo de 2019 contra a que non cabe recurso por razón da contía, sen prexuízo do disposto no artigo 191.3 da LRXS.

E para que sirva de notificación en legal forma a Vendahorta Productos Galegos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza