Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 27 de agosto de 2019 Páx. 37718

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 102/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 102/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván Gómez Gesto contra Compañía de Protección Galaica, S.A. e o Fogasa, ditáronse as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Elena Calleja Curros.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2019.

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución da Sentenza número 437/18 do 1 de outubro ditada no procedemento PO 531/16 a favor da parte executante, Iván Gómez Gesto, fronte a Compañía de Protección Galaica, S.A. e o Fogasa, parte executada, por importe de 255,61 euros en concepto de principal (192,80 euros máis 62,81 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 25,56 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada xuíza A letrada da Administración de xustiza

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2019.

Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo requirir a executada Compañía de Protección Galaica, S.A. co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 255,61 euros en concepto de principal (192,80 euros máis 62,81 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 25,56 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número expediente xudicial 1589 0000 64 0102 19), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

Requirir a Compañía de Protección Galaica, S.A., co fin de que no prazo de 10 días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza