Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 27 de agosto de 2019 Páx. 37720

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 276/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 276/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Francisco Javier Mayo Veloso contra a empresa Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L., Global Sales Solutions Line, S.L., Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servicios, S.L. e Gestión de Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., sobre recoñecemento de dereito, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva xunta:

«Que desestimando integramente a demanda interposta por Francisco Javier Mayo Veloso contra Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servicios, S.L., Gestión de Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., Global Sales Solutions Line, S.L., e Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L., debo absolver e absolvo as demandadas das peticións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gestión de Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza