Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 27 de agosto de 2019 Páx. 37717

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 275/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 275/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Millán Silva contra as empresas Gestión de Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., Sitel Ibérica Teleservices, S.A., Global Sales Solutions Line, S.L., Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L. e Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servicios, S.L., sobre recoñecemento de dereito, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Que, desestimando integramente a demanda interposta por Juan Carlos Millán Silva contra a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servicios, S.L., Gestión de Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., Global Sales Solutions Line, S.L., Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L. e Sitel Ibérica Teleservices, S.A., debo absolver e absolvo as demandadas das peticións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Para que sirva de notificación en legal forma a Gestión de Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza