Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 27 de agosto de 2019 Páx. 37716

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 74/2019).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 74/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gabino Ulla Puente contra a empresa Gandeiros Estradenses, S.C.L., sobre despedimento, se ditou con data do 31 de xullo de 2019 o auto de extinción da relación laboral, impugnable en recurso de reposición no prazo de tres días, o cal está á súa disposición na sede do xulgado.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Gandeiros Estradenses, S.C.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 31 de xullo de 2019

O letrado da Administración de xustiza