Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 27 de agosto de 2019 Páx. 37756

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello do Grove para desenvolver as facultades de recadación das multas de tráfico e colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores nesta materia.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de xullo de 2019, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que realizou o Concello do Grove polo Acordo do Pleno, na sesión do 31 de xullo de 2019, das facultades de recadación das multas de tráfico e a encomenda de xestión da colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de multas de tráfico, desde o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio, así como a recadación en vía executiva do resto das sancións.

A citada delegación será realizada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 30 de xullo de 2019

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2019012988,
do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado da Área de Economía,
Facenda, Novas Tecnoloxías e ORAL

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra