Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 27 de agosto de 2019 Páx. 37757

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello de Nigrán para desenvolver as facultades de xestión, liquidación, recadación e revisión do imposto sobre actividades económicas e da inspección da liquidación da taxa por ocupación, utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de xullo de 2019, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que realizou o Concello de Nigrán polo Acordo do Pleno, na sesión do 28 de febreiro de 2019, das facultades de xestión, liquidación, recadación e revisión do imposto sobre actividades económicas (IAE) e da inspección da liquidación da taxa por ocupación, utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local, que deben aboar as empresas explotadoras de servizos de subministracións que afecten a xeneralidade ou unha parte importante da veciñanza (telefonía por fío, enerxía eléctrica, gas, televisión por cable, etc.) así como a emisión, recadación e revisión das liquidacións derivadas desa inspección (tamén chamada taxa do 1,5 %).

A citada delegación será realizada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 30 de xullo de 2019

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2019012988,
do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado da Área de Economía,
Facenda, Novas Tecnoloxías e ORAL

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra