Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 27 de agosto de 2019 Páx. 37755

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación definitiva (expediente FG 632).

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do 24 de xullo de 2019, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle para a ordenación volumétrica na rúa Uxío Novoneyra, parcela Z-7, do SUNP-D15R, Oleiros (Documento do 7.6.2019; nº de rexistro 09220).

O estudo de detalle é unha disposición xeral, polo que contra el poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta disposición.

Oleiros, 1 de agosto de 2019

Ángel García Seoane
Alcalde presidente