Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 27 de agosto de 2019 Páx. 37753

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 22 de xullo de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante esta cédula, e debido a que os relacionados abaixo non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 10 do texto refundido da Lei xeral da seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, de non achegar no prazo de dez (10) días os datos e a documentación necesarios para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que cómpre achegar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 988 38 58 48-988 36 91 11.

Para que conste, sirva de notificación aos interesados e en cumprimento do disposto no artigo artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula; a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 22 de xullo de 2019

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Expediente

DNI/NIF/Pasaporte

201901326

72742019B

201902118

Y2254510H

201902584

X4174264V

201901138

Y7019783J

201806299

77345658Q

201903247

X9718858R

201902591

44452434N

201900712

44493814S

201903081

34981007P

201900764

44457977N

201901752

44457977N

201900261

34720932V

201900760

Y6789779D

201901136

44472716P

201807326

45087114F

201900682

54672585K

201806411

76736173P

201900992

44493767Z

201903666

33555121F

201900809

76725052L

201902330

Y3851692B