Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 26 de agosto de 2019 Páx. 37599

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 262/2019).

DSP. Despedimento/cesamentos en xeral 262/2019.

Demandante: Enrique Noche Álvarez.

Avogada: María Catalfamo.

Demandados: Orange Espagne, S.A.U., Alonsogasco Plaza Consultoría, S.L., Europasat Ibérica, S.L., Instalaciones y Mantenimiento de Telecomunicaciones, S.L., Confica Soluciones Integrales, S.L., RYP Soluciones Informáticas y de Comunicaciones, S.L.

Avogados: Pedro Dalmau Montillo, José Manuel Alonso Morais.

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 262/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Enrique Noche Álvarez contra Orange Espagne, S.A.U., Alonsogasco Plaza Consultoría, S.L., Europasat Ibérica, S.L., Instalaciones y Mantenimiento de Telecomunicaciones, S.L., Confica Soluciones Integrales, S.L. e RYP Soluciones Informáticas y de Comunicaciones, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo suspender o acto de xuízo sinalado para o día 1 de agosto de 2019 e sinalalo novamente para o día 4 de setembro de 2019, ás 12.15 horas, para a celebración da conciliación, na Secretaría deste xulgado, e para o día 4 de setembro de 2019, ás 12.20 horas, para a celebración do xuízo. Deberanse citar as partes expedindo as oportunas cédulas de citación coas advertencias legais e, de ser o caso, as cédulas de citación e os oficios necesarios para a práctica no acto de xuízo das probas propostas.

Mantense a documental acordada en providencia con data do 23 de abril de 2019, sen prexuízo de que sobre a admisión se acordará no acto da vista.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén ao xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Europasat Ibérica, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza