Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 26 de agosto de 2019 Páx. 37596

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (DSP 141/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Aurora del Río Abella contra Limpintegra XXI, S.L., Mantelnor Limpiezas, S.L., Lexaudit Concursal, S.L.P. e o Fogasa, en reclamación por despedimento, rexistrado co nº despedimento/cesamentos en xeral 141/2019, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar Limpintegra XXI, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 28.10.2019 ás 9.45 horas, na planta baixa, sala 1, Edif. Rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, aos cales pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención á demandante, poida estar esta representada tecnicamente por graduado social colexiado ou representada por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Canto á proba solicitada, advírtese á destinataria:

Interrogatorio de parte do representante legal da empresa demandada Limpintegra XXI, S.L. en Jesús Ameijenda Mosquera: é procedente o solicitado conforme o artigo 90.3 da LXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (artigo 87 da LXS). Para tal efecto, fágase saber á parte demandada que deberá comparecer persoalmente ou por medio de persoa con poder suficiente e, en caso de persoas xurídicas, por medio de quen legalmente as represente e teña facultades para responder tal interrogatorio, advertíndoo de que, en caso de non comparecer, poderá impórselle a multa prevista no artigo 292.4 da Lei de axuizamento civil e de que, se non comparecer sen xusta causa á primeira citación, se negar a declarar ou persistir en non responder afirmativa ou negativamente, a pesar do apercibimento que se lle fixo, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiran as preguntas, sempre que o interrogado tiver intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resultar prexudicial en todo ou en parte. En caso de que o interrogatorio non se refira a feitos persoais, admitirase a súa resposta por medio dun terceiro que coñeza os feitos, se a parte así o solicita e acepta a responsabilidade da declaración.

Se o representante en xuízo non tiver intervido nos feitos, deberá levar ao xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade do devandito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente poderá ser acordada dentro do interrogatorio da parte por conta da cal tiveren actuado e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestaren xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

Documental, é procedente o solicitado conforme o artigo 90.2 da LXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (artigo 87 da LXS). Requírase a Limpintegra XXI, S.L. para que entreguen os documentos solicitados:

– Informe de vida laboral do CCC 15108349376 de altas e baixas do centro de traballo de Boiro.

– Copia dos contratos de traballo.

– Nóminas demostrativas dos salarios percibidos dos últimos 12 meses e comprobantes de pagamento.

– TA de alta e de baixa na Seguridade Social, cambios de horas.

– Xustificantes de non ter débedas coa Seguridade Social e a Administración de facenda; se houber débedas, contía destas.

Advírtese de que, de non o facer, poderán terse por probadas as alegacións feitas pola contraria en relación coa proba acordada (artigo 94 da LXS).

E para que sirva de citación a Limpintegra XXI, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza