Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 23 de agosto de 2019 Páx. 37480

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (129/2019).

F02. Familia, garda, custodia e alimentos de fillo menor non matrimonial no consensuado 129/2019

Procedemento de orixe: sobre outras materias

Demandante: Ruth Nikauri Ramírez Sánchez

Procuradora: Laura Lorenzo Arceo

Avogada: Silvia Caramés González

Demandado: Ronald Eduardo Vera Fajardo

Cédula de notificación de sentencia.

No procedemento de referencia ditouse a sentenza cuxa parte dispositiva establece:

Estimo parcialmente a demanda presentada por Ruth Nikauri Ramírez Sánchez contra Ronald Eduardo Vera Fajardo e, en consecuencia, acordo a aplicación das seguintes medidas relativas á garda, custodia e alimentos do fillo común menor de idade, xxxxx:

I) Suspéndese Ronald Eduardo Vera Fajardo no exercicio da patria potestade respecto do fillo común menor de idade, xxxxx, e atribúeselle a Ruth Nikauri Ramírez Sánchez o exercicio exclusivo da dita patria potestade. Ronald Eduardo poderá recuperar o exercicio conxunto da patria potestade acreditando un relevante cambio de circunstancias no oportuno procedemento de modificación de medidas.

II) Atribúeselle a garda e custodia do fillo menor, xxxxx, a Ruth Nikauri Ramírez Sánchez. Ronald Eduardo poderá estar en compañía do seu fillo da maneira que libremente pacte con Ruth Nikauri.

III) Establécese a favor do fillo menor e a cargo de Ronald Eduardo Vera Fajardo unha pensión mensual de alimentos de 100 euros que deberá ser ingresada por Ronald Eduardo dentro dos cinco (5) primeiros días de cada mes na conta bancaria determinada por Ruth Nikauri e que se actualizará anualmente de acordo coas variacións do IPC.

Os gastos extraordinarios deberán ser afrontados por metade entre ambos os proxenitores e merecen tal consideración os gastos médicos, farmacéuticos e asistenciais non cubertos polo réxime público de saúde, os derivados de actividades extraescolares e calquera outro de análoga natureza. A reclamación da parte correspondente dos gastos extraordinarios exixirá o coñecemento previo e consentimento manifestado polo outro proxenitor, salvo situacións de urxencia.

Non procede a condena en custas de ningunha das partes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación, ante a Audiencia Provincial, que se deberá interpor ante este xulgado no prazo de vinte (20) días contados desde o seguinte ao da notificación daquela. Para a interposición do dito recurso deberase acreditar a consignación dun depósito de 50 euros na conta deste xulgado, baixo apercibimento de non admitir a trámite o recurso.

Así o acordo e asino. Gonzalo Sans Besada, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín.

Como consecuencia do ignorado paradoiro de Ronald Eduardo Vera Fajardo, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación e fáiselle saber que, se quere coñecer o contido íntegro da sentenza, está á súa disposición no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, sito na rúa de La Habana, nº 2, de Lalín.

Lalín, 29 de xullo de 2019

O/a letrado/a da Administración de xustiza