Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 23 de agosto de 2019 Páx. 37478

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1471/2019-GA).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 1471/2019-GA.

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 265/2018. Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrente: Juan José Lafuente Castro.

Avogado: Ignacio Eduardo Alén Hermida.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Asepeyo, Manuel Álvarez Rodríguez.

Avogado: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, Balbino Irisarri Castro.

Procuradora: María Fara Aguiar Boudín.

Eu, María Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1471/2019-GA desta sala, seguido por instancia de Juan José Lafuente Castro contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a entidade Mutua Asepeyo e Manuel Álvarez Rodríguez, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que debemos desestimar e desestimamos o recurso de suplicación interposto por Juan José Lafuente Castro contra a Sentenza do Xulgado do Social número 4 de reforzo de Vigo, do 6 de novembro de 2018, en autos 265/2018, sobre determinación de continxencia, que confirmamos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Manuel Álvarez Rodríguez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza