Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 23 de agosto de 2019 Páx. 37482

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 210/2018).

PO. Procedemento ordinario 210/2018

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Miguel Ángel Fernández Moledo

Avogada: María Pilar Moledo Santiago

Demandados: Fogasa, Senra Alquiler y Venta, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 210/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Fernández Moledo contra a empresa Senra Alquiler y Venta, S.L., se ditou a Sentenza con data do 12 de abril de 2019 contra a cal cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días, que está á súa disposición na oficina xudicial.

Para que sirva de notificación en legal forma a Senra Alquiler y Venta, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 26 de xullo de 2019

O letrado da Administración de xustiza