Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 23 de agosto de 2019 Páx. 37483

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 801/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 801/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Federico Zedda contra Fun Kitchen, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou o Decreto co número 389/2019, do 24 de xullo, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Acordo ter por desistido a Federico Zedda da súa demanda e, unha vez que sexa firme esta resolución, o arquivamento dos autos sen máis trámites.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos definitivos e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Poderase interpor recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida ao xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpor recurso de 25 euros, na conta 0049 3569 9200 0500 1274 do Banco Santander, S.A., e indicar no campo “Concepto” “Recurso” seguido do código “31 Social-revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “Recurso” seguida do código “31 Social-revisión”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo “Observacións” a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Fun Kitchen, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza