Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 23 de agosto de 2019 Páx. 37485

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 158/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 158/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Verónica García González contra María José Martínez Alvariño, Mafiar, S.C., Aroa Chaudarca Martínez e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Elena Calleja Curros

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2019

Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución da Sentenza número 160/2019, do 2 de abril, ditada no procedemento DSP 635/2018 a favor da parte executante, Verónica García González, contra María José Martínez Alvariño, Mafiar, S.C., Aroa Chaudarca Martínez e Fogasa, parte executada, condenadas a aboar solidariamente o importe de 16.635,91 euros en concepto de principal (10.595,19 euros en concepto de indemnización, 5.691,44 euros en concepto de salarios e 349,29 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) máis outros 1.663,59 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que podería incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título; a compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2019.

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación nesta executoria da pervivencia da declaración de insolvencia das partes executadas, dar audiencia previa á parte demandante, Verónica García González, e ao Fondo de Garantía Salarial, polo prazo de quince (15) días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social).

A letrada da Administración de xustiza».

Para que lles sirva de notificación en legal forma a María José Martínez Alvariño, Mafiar, S.C. e Aroa Chaudarca Martínez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza