Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 22 de agosto de 2019 Páx. 37334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 31 de xullo de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Carballido e outros, a favor dos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Miguel de Tabagón, concello do Rosal (Pontevedra).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión celebrada o 9 de xullo de 2019, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Carballido e outros, solicitado a favor dos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Miguel de Tabagón, na parroquia de San Miguel de Tabagón, concello do Rosal (Pontevedra), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. O 2.7.2015, Francisco González Martínez en calidade de presidente da CMVMC de San Miguel de Tabagón presenta unha solicitude de iniciación para a clasificación do monte denominado Carballido e outros a favor dos veciños da CMVMC de San Miguel de Tabagón (O Rosal), acompañada dun informe técnico e pericial describindo o monte, identificación, superficie, ocupacións e estremas.

Segundo. Logo do informe previo do Servizo de Montes, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, acordou na sesión celebrada o 14.12.2016 a iniciación do correspondente expediente de clasificación.

Os montes obxecto de clasificación descríbense pola comunidade do seguinte xeito:

Concello: O Rosal.

Parroquia: San Miguel de Tabagón.

Nome dos montes: Carballido, Silvosa, A Monca e Tidín.

• Parcela 1-A Monca.

Cabida: 2.950 m² (superficie alegada na solicitude).

Referencia catastral: 36048A061000060000FO.

Estremas:

Norte: Juan Carlos Vicente González e Nahir Rodríguez Martínez.

Sur: camiño público e Indalecio Castro Martínez.

Leste: camiño público.

Oeste: Indalecio Castro Martínez, Nahir Rodríguez Martínez e J. Carlos Vicente González.

• Parcela 2-Tidín.

Cabida: 2.054 m² (superficie alegada na solicitude).

Referencia catastral: 36048A063001990000FH.

Estremas:

Norte: Manuel Gándara Costa, herdeiros de Laura Coballes Vieira.

Sur: Rosa María Martínez Martínez, Victoria Alfonso, herdeiros de Rosalina Pereira Martínez.

Leste: Florencia Vázquez Fernández, Manuel Gándara Costa e Victoria Alfonso.

Oeste: estrada.

• Parcela 3-Silvosa.

Cabida: 2.405 m² (superficie alegada na solicitude).

Referencia catastral: 36048A062005230000FT.

Estremas:

Norte: Viñedos Rioja Alta, S.A., Vicente Fernández Álvarez, Francisco Álvarez Barreiro, Jesús Rodríguez Domínguez, María Martínez Fernández, Lagar de Fornelos, S.A., Moisés Oliveira Martínez, Florindo Sousa Fernández.

Sur: Viñedos Rioja Alta, S.A., Lagar de Fornelos, S.A., Moisés Oliveira Martínez, Florindo Sousa Fernández.

Leste e oeste: Viñedos Rioja Alta, S.A.

• Parcela 4-Carreiro ou As Regas (formada por dúas porcións de terreo).

Cabida: 2.314 m² (superficie alegada na solicitude. Unha porción de 2.193 m² e outra de 121 m²).

Referencias catastrais: 36048A061001790000FZ e 36048A061002340000FR.

Estremas:

– Parcela A.

Norte: María del Rosario Martínez Alonso, Manuel Alonso Álvarez, Agustina Domínguez Álvarez, Carmen Iglesias Arzúa, Ana María López Martínez, Manuel Martínez Fernández.

Sur: Juan Francisco Estévez Gándara, Florindo Sousa Fernández, Rosario Alonso Gómez, Edelmiro Alonso Álvarez, Nahir Rodríguez Martínez.

Leste: Monte veciñal de San Miguel de Tabagón, Francisco Javier Fagúndez Conde, Rafael Martínez, José Otero Alonso, Romana Fernández Fernández, Pascual Martínez Alonso, Obdulia Martínez Alonso, José Ángel Rodríguez Álvarez, Alfonso Martínez Domínguez, M. del Pilar Estévez Silva e Agustín Domínguez Álvarez.

Oeste: camiño, Faustino Lorenzo Alonso e Manuel Martínez Fernández.

– Parcela B.

Norte e leste: camiño.

Sur: Manuel Eduardo Martínez Domínguez.

Oeste: Elvira Rodríguez Rodríguez, Benjamín Flores Fernández, Eloy Martínez Alonso, José Otero Alonso, Florindo Sousa Fernández, Rosa Rodríguez Rodríguez.

Terceiro. De conformidade co establecido no artigo 20 do Decreto 260/1992 solicítase informe preceptivo do Servizo de Montes, o cal remitiuse ao Xurado o 1.2.2017 en que se indica en síntese que:

Parcela 1-A Monca. Estado forestal: especie arbórea principal: pinus pinea; especie de matogueira: robus sp.; usos e aproveitamentos observados: antigo vertedoiro. Non se detectan aproveitamentos na actualidade. A parcela rózaa a CMVMC de San Miguel de Tabagón.

Parcela 2-Tidín. Estado forestal: especie arbórea principal: acacia. Usos e aproveitamentos observados: parte da parcela está ocupada por camiños. A parcela rózaa a CMVMC de San Miguel de Tabagón.

Parcela 3-Silvosa. Usos e aproveitamentos observados: parte da parcela está ocupada por camiños. A parcela rózaa a CMVMC de San Miguel de Tabagón.

Parcela 4-Carreiro ou As Regas no lugar de Carballido. Usos e aproveitamentos observados: parte da parcela está ocupada por camiños. A parcela rózaa a CMVMC de San Miguel de Tabagón.

Cuarto. O rexistrador da propiedade de Tui certifica o 22.2.2017, que non figura inscrita neste rexistro ningún predio coa descrición que dos montes se fai na solicitude de certificación de cargas.

Quinto. Feitas as comunicacións previstas no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e aberto o período de audiencia, non se presentaron alegacións ou documentación ningunha en contra da clasificación dos montes solicitados.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten a competencia para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter segundo o establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segunda. De conformidade co artigo 1 do referido texto normativo e o artigo 1 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro: «son montes veciñais en man común e rexeranse por esta lei os que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades produtivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando de xeito consuetudinario en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Así, segundo abondosa xurisprudencia, o feito que xustifica a clasificación ou non como veciñal dun determinado monte en vía administrativa, é a circunstancia de terse ou non demostrado o aproveitamento consuetudinario en man común, prescindindo das cuestións relativas á propiedade e demais dereitos reais.

Para que un monte sexa declarado veciñal en man común o aproveitamento debe quedar acreditado non só nun pasado, senón tamén no presente e de xeito continuado, así o establece o artigo 1 da Lei 13/1989 e as diversas resolucións xudiciais que o interpretan, concluíndo que o decisivo para a inclusión dun monte na categoría de veciñal en man común é que resulte acreditada a constante posesión continuada do aproveitamento dos montes polos veciños promotores de xeito mancomunado (STS do 7.3.2001).

Terceira. O uso e aproveitamento veciñal do monte queda acreditado a través do informe pericial asinado polo técnico Roberto Ocampo Cardalda (recollida de leña, de matogueira, fentos e toxo para cama do gando e produción de esterco, pastoreo...), o informe preceptivo do Servizo de Montes así como a falta de oposición de terceiros durante o trámite de audiencia o que leva implícito o recoñecemento do carácter veciñal do terreo obxecto do expediente.

En consecuencia, vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios, de xenérica e específica aplicación, o Xurado Provincial por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Clasificar como veciñais en man común os montes Carballido e outros a favor dos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Miguel de Tabagón, concello do Rosal (Pontevedra), de acordo coa descrición reflectida no feito terceiro e a planimetría elaborada para o efecto polo Servizo de Montes que forma parte inseparable da presente resolución.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 31 de xullo de 2019

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra