Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 22 de agosto de 2019 Páx. 37340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 31 de xullo de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común dos montes denominados O Casal e Cabanas, a favor dos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcedo, parroquia de Salcedo, no concello de Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o día 9 de xullo de 2019, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común dos montes denominados O Casal e Cabanas, solicitados a favor dos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcedo, na parroquia de Salcedo, do Concello de Pontevedra, resultan os seguintes feitos:

Primeiro. O 17.11.2017, o presidente da comunidade de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) de Salcedo, solicita a clasificación como montes veciñais en man común (en diante, MVMC) das parcelas: O Casal, con referencia catastral 36900A038001390000QL e superficie gráfica catastral de 1.743 m2, e Cabanas con referencia catastral 9656212NG2995N0001LY e superficie gráfica catastral de 1.126 m2, a favor dos veciños da CMVMC de Salcedo. Coa solicitude achega:

– Memoria e levantamento topográfico asinado por enxeñeiro técnico forestal.

– Declaración do uso e aproveitamento consuetudinario en man común desde tempos inmemoriais polo conxunto dos veciños da parroquia de Salcedo. Realizan de xeito histórico a extracción de leñas para consumo familiar e a recollida de esquilmes de toxo, frouma e fentos para cama do gando.

Segundo. O 5.12.2017, o xefe da Sección de Topografía informa que a planimetría achegada permite identificar as parcelas O Casal (segundo medición topográfica 1,528 ha) e Cabanas (segundo medición topográfica 0,0855 ha), que as parcelas non se atopan clasificadas, da non afección a montes de utilidade pública nin patrimoniais e xunta montaxe da medición topográfica e catastro entre as que existen pequenas diferenzas. Na metade leste do Casal existe unha servidume de liña aérea xunto cun apoio. Estes dous terreos foron solicitados na proposta de deslindamento desta comunidade presentada no ano 2014 que foron rexeitados por este servizo, informándolle á comunidade que podía solicitar a súa clasificación.

Terceiro. O 3.7.2018, o Xurado de MVMC de Pontevedra acorda a iniciación do expediente de clasificación das parcelas O Casal (36900A038001390000QL) e Cabanas (9656212NG2995N0001LY) e nomear instrutora a Amalia Elsa Pazos Pintos. Este acordo notifícase o 9 de xullo de 2018 ao concello de Pontevedra e o 16 de xullo de 2018 ao promotor da clasificación.

Cuarto. Á vista da documentación achegada polo promotor do expediente e o informe do Servizo de Montes, as parcelas obxecto do presente expediente teñen a seguinte descrición:

Concello: Pontevedra.

Parroquia: Salcedo.

Nome do monte: O Casal.

Cabida: 1.528 m2 (superficie alegada na solicitude).

Parcela 139, ref. catastral 36900A038001390000QL.

Estremas:

Polígono-parcela

Titular

Ref. catastral

Norte

38-234

Obdulia Vilas Fernández

36900A038002040000QQ

38-237

Baltasar Mayor Fernández Blanco

36900A038002370000QT

38-239

Hermosinda Blanco Pazos

36900A038002370000QM

Sur

38-138

Francisco Santiago López

36900A038001380000QP

Leste

----------------

Cun treito da estrada provincial EP-0019 da Deputación Provincial de Pontevedra (non consta ref. catastral)

----------------------------------

38-10244

Laureano Méndez Núñez

36900A038102440000QU

38-245

Rogelio González Acuña

36058A038002450000QR

38-272

Manuela Peleteiro Agulla

36058A038002720000QT

Oeste

38-75

Manuela Juncal Corrales

36900A038000750000QQ

Nome do monte: Cabanas.

Cabida: 855 m2 (superficie alegada na solicitude).

Ref. catastral 9656212NG2995N0001LY.

Estremas:

Polígono-parcela

Titular

Ref. catastral

Norte

----------------

Daniel Díaz Pastoriza

9656209NG2995N0001LY

Sur

----------------

Cun treito de estrada local do concello de Pontevedra (non consta ref. catastral)

----------------------------------

Leste

59-204

Dolores González Malvar

36900A059002040000QF

59-20204

Dolores González Malvar

36058A059202040000QG

59-9006

Estrada local do concello de Pontevedra

36058A059090060000QM

Oeste

----------------

José Luis Pedrosa Ruiz

9656211NG2995N0001PY

Quinto. O 22.9.2018, o enxeñeiro técnico forestal II do distrito forestal Caldas-Salnés emite informe preceptivo:

«Nas parcelas o Casal e Cabanas (...) constátase a existencia de superficie baldía con presenza de herbáceas e matogueira e algúns pés de arborado de frondosa. Solo franco e de profundidade media. Ofrece posibilidades –á marxe das escasas superficies– para cultivo arbóreo. Non se observa ao día de hoxe actividade de pastoreo (pouca superficie dos predios), tampouco indicios. Tampouco se observan aproveitamentos madeireiros. En predios particulares estremeiros apreciase estrema física observable cos predios que nos ocupan. Non se constata a extracción de madeira para uso doméstico. Non se constata a existencia de construcións rurais auxiliares nos predios que pretenden ser clasificados».

Sexto. O 9.10.2018, o Rexistro da Propiedade número 1 de Pontevedra certifica que as parcelas de que se insta a clasificación, coa información facilitada, non se atopan inscritas no Rexistro. Ordénase a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Pontevedra, notifícase o trámite de audiencia, publícase edicto no concello de Pontevedra, e no DOG o anuncio do 10 de xaneiro de 2019 polo que se inicia a clasificación dos montes O Casal e Cabanas a favor da CMVMC de Salcedo (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro).

Sétimo. O 16.10.2018, o presidente da CMVMC de Salcedo achega documentación acreditativa do aproveitamento dos montes O Casal e Cabanas polos veciños da parroquia de Salcedo: facturas de limpeza, denuncia do concello de Pontevedra á CMVMC de Salcedo por ter o predio Cabanas con maleza (ano 2014) e declaracións xuradas de veciños do aproveitamento consuetudinario en man común das parcelas que se pretenden clasificar.

Oitavo. Durante o período do trámite de audiencia non se reciben alegacións de terceiros afectados e a CMVMC reitérase na documentación achegada o 16 de outubro de 2018. O 14 de marzo de 2019 o Xurado de MVMC de Pontevedra solicita proposta de resolución de clasificación das parcelas O Casal e Cabanas.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten a competencia para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter segundo o establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segunda. De conformidade co artigo 1 do referido texto normativo e o artigo 1 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro: «Son montes veciñais en man común e rexeranse por esta lei os que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades produtivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando de xeito consuetudinario en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Deste xeito, para que un monte sexa declarado veciñal en man común o aproveitamento debe quedar acreditado non só nun pasado, senón tamén no presente e de xeito continuado, así o establece o antedito artigo 1 da Lei 13/1989 e as diversas resolucións xudiciais que o interpretan, concluíndo que o decisivo para a inclusión dun monte na categoría de veciñal en man común é que resulte acreditada a constante posesión continuada do aproveitamento dos montes polos veciños promotores de xeito continuado.

Terceira. O uso ou aproveitamento en man común das parcelas O Casal e Cabanas queda suficientemente acreditado pola documentación e declaracións de antigos usos tradicionais.

Finalmente, o feito de que durante a tramitación do expediente non consten alegacións á clasificación como MVMC de terceiros que acreditasen un uso privativo destas parcelas demostra que existe un aproveitamento público, pacífico e continuado en común por parte dos veciños da parroquia de Salcedo, concello de Pontevedra.

En consecuencia, vistos os feitos mencionados, a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios, de xenérica e específica aplicación, o Xurado Provincial por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Clasificar como monte veciñal en man común as parcelas: O Casal coa referencia catastral 36900A038001390000QL e superficie gráfica catastral de 1.743 m2, e Cabanas coa referencia catastral 9656212NG2995N0001LY e superficie gráfica catastral de 1.126 m2, a favor dos veciños da CMVMC de Salcedo, da parroquia de Salcedo, concello de Pontevedra, de acordo coa descrición reflectida no feito cuarto e a planimetría elaborada para o efecto polo Servizo de Montes que forma parte inseparable da presente resolución.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 31 de xullo de 2019

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra