Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 21 de agosto de 2019 Páx. 37174

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 41/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de María Fernanda Suárez González contra a herdanza xacente e herdeiros descoñecidos de José Vicente González Piñeiro, José González Vidal, José González Fernández, María González Fernández, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 41/2018, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a María Fernanda Suárez González, herdanza xacente e herdeiros descoñecidos de José Vicente González Piñeiro, José González Vidal, José González Fernández e María González Fernández, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 7 de outubro de 2019, ás 11.00 horas, na planta baixa, sala 1 do Edificio da rúa Berlín, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidos de avogado ou representados tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención á demandante, poida esta estar representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

En canto á proba para poder practicar no acto de xuízo acordouse:

– Interrogatorio dos demandados: José González Vidal, José González Fernández, María González Fernández e herdanza xacente e herdeiros descoñecidos de José Vicente González Piñeiro.

– Documental:

Requíranse os demandados José González Vidal, José González Fernández, María González Fernández e herdanza xacente e herdeiros descoñecidos de José Vicente González Piñeiro para que acheguen:

• Contrato de traballo.

• Partes de alta e baixa da demandante na Seguridade Social.

• Boletíns de cotización e nóminas da demandante correspondentes ao ano 2016.

Consúltense a través do punto neutro xudicial as datas de alta e baixa da demandante relativas ao empregador José Vicente González Piñeiro.

Sen prexuízo de que o momento de proposición e admisión de proba é o acto de xuízo (artigo 87 da LXS).

E para que lle sirva de citación a María Fernanda Suárez González, herdanza xacente e herdeiros descoñecidos de José Vicente González Piñeiro, José González Vidal, José González Fernández e María González Fernández, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza