Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 21 de agosto de 2019 Páx. 37176

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 148/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 148/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María de los Remedios Bello Franqueiro contra Fernando Botana Quintans, FL Capri, C.B., Leandro Botana Quintans e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2019.

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza 231/2019, do 23 de maio, ditada no procedemento PO 263/18, a favor da parte executante, María de los Remedios Bello Franqueiro, fronte a Fernando Botana Quintans, FL Capri, C.B., Leandro Botana Quintans e Fogasa, parte executada, por importe de 7.908,09 euros en concepto de principal (7.074,45 euros en concepto de salarios, complementos IT e vacacións non gozadas, 512,3 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET, 121,34 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do CC, e 200 euros en concepto de honorarios do letrado), máis outros 790,80 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2019.

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

1. Requirir as executadas Fernando Botana Quintans, FL Capri, C.B., Leandro Botana Quintans co fin de que no prazo de dez días aboen a cantidade de 7.908,09 euros en concepto de principal (7.074,45 euros en concepto de salarios, complementos IT e vacacións non gozadas, 512,3 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET, 121,34 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do CC, e 200 euros en concepto de honorarios do letrado), máis outros 790,80 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número de expediente xudicial 1589 0000 64 0148 19), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

2. Requirir a Fernando Botana Quintans, FL Capri, C.B., Leandro Botana Quintans, co fin de que no prazo de 10 días manifesten relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

3. Requirir a parte executante, María de los Remedios Bello Franqueiro, para que achegue número de conta bancaria da súa titularidade, co fin de transferir as cantidades que, se é o caso, puidesen obterse na presente execución.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Fernando Botana Quintans, FL Capri, C.B., Leandro Botana Quintans, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza