Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 21 de agosto de 2019 Páx. 37173

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 100/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 100/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Garea Valiñas, María Esther Gómez Ferro, María Fernández Silva, Margarita de la Encarnación Gómez Moure, María Pilar Moimenta Costoya, Inés Martínez Neira e Josefa Barreiro Troitiño contra a empresa Pescados Carbia, S.L., sobre ordinario, se ditaron no día da data dilixencia de ordenación, auto en que se despacha execución e decreto, impugnables en reposición no prazo de tres días, que están á súa disposición na sede do xulgado.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Pescados Carbia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 23 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza