Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 21 de agosto de 2019 Páx. 37172

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 288/2017).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 288/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Ramón Padín Varela, Luis Pérez Baloira e José Ángel Míguez Leiro contra a empresa Excavaciones y Canalizaciones del Noroeste, S.L., Montelnor, S.C.G., Constructora Rías Bajas, S.A. e Aman Vigo, S.L., sobre ordinario, se ditou a Sentenza do 27 de maio de 2019, impugnable en suplicación no prazo de cinco días, a cal está á súa disposición na sede do xulgado.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Excavaciones y Canalizaciones del Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 22 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza