Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 21 de agosto de 2019 Páx. 37170

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (ETX 71/2019).

Execución de títulos xudiciais (ETX) 71/2019

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 618/2018

Sobre: despedimento

Demandante: Bouchra Bettachni

Avogada: María Mar Pérez Vega

Demandados: María Belén Cabana Bodenlle e Fogasa

Avogados/as: (...), letrado de Fogasa

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 71/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Bouchra Bettachni contra María Belén Cabana Bondelle, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Declárase extinguida no día da data a relación laboral que unía a Bouchra Bettachni coa empresa María Belén Cabana Bodenlle (Cafetería Pachín), e condeno a citada empresa ao aboamento das seguintes cantidades:

Nome do/da traballador/a: Bouchra Bettachni.

Indemnización: 1.711,91 euros (mil setecentos once euros con noventa e un céntimos).

Salarios: 13.756,20 euros (trece mil setecentos cincuenta e seis euros con vinte céntimos).

Salarios de maio de 2018 e vacacións non gozadas: 1.226,53 euros (mil douscentos vinte e seis euros con cincuenta e tres céntimos)».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a María Belén Cabana Bondelle, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 22 de xullo de 2019

O letrado da Administración de xustiza