Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 21 de agosto de 2019 Páx. 37168

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2583/2019-IP).

Secretaria: Sra. Freire Corzo.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 2583/2019 IP.

Xulgado de orixe/autos: execución de títulos xudiciais 83/2018 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Recorrente: Dulce María Iglesias Baniela.

Avogado: Emilio Carrajo Lorenzo.

Recorridos: Fogasa, Asociación Xóvenes Agricultores, Carlos Manuel Costas Manzanares.

Avogados: letrado de Fogasa (...), Carlos Manuel Costas Manzanares.

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2583/2019 desta sección, seguido por instancia de Dulce María Iglesias Baniela sobre incidentes de execución, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos.

Que estimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Emilio Carrajo Lorenzo, en nome e representación de Dulce María Iglesias Baniela, contra o auto ditado polo Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, en data 21 de xaneiro de 2019, polo que se desestima o recurso de reposición interposto contra o auto ditado en data 3 de xullo de 2018, polo que se declaraba que non procede despachar a execución instada fronte á Asociación Profesional Agraria de Xóvenes Agricultores, en incidente de execución seguido por instancia da recorrente fronte á mencionada entidade executada, debemos declarar e declaramos a nulidade da resolución impugnada e daquela da cal deriva, repoñendo as actuacións ao momento previo ao de se ditar esta última –3 de xullo de 2018– co fin de que, a xuíza a quo, con liberdade de criterio e plena xurisdición, aceptando a súa competencia, despache e tramite a correspondente execución definitiva de sentenza solicitada pola parte executante.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á Asociación de Xóvenes Agricultores, na actualidade en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza